As reformas do mercado de Caranza darán comezo o próximo ano

De forma complementaria, espérase pór en marcha nas instalacións unha escola municipal de cociña

A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas do Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo, visitou este venres a praza de abastos de Caranza e anunciou que a reforma do mercado comezará en 2016.

O proxecto para estas instalacións foi acordado tanto cos vendedores como coas entidades sociais e veciñais do barrio.

Tanto Sestayo como o edil de Promoción Económica e Mercados, Felipe Sas, comunicaron aos vendedores da praza que nos próximos días terá lugar unha reunión na que se falará de forma conxunta sobre a localización provisional dos postos.

En calquera caso, serán recolocados sempre dentro do mesmo mercado pero no lugar no que non se estea acometendo a reforma, indicaron.

O mercado manterase como espazo público e será dinamizado coa concesión de novos postos a quen os están solicitando. De forma complementaria, espérase pór en marcha nas instalacións unha escola municipal de cociña.

Comentarios