Ceos cubertos con chuvascos xeneralizados que remitirán ao longo do día

O fríou seguirá sendo o gran protagonista na comunidade

Fonsa
photo_camera Fonsa

Tras o paso dunha fronte durante as primeiras horas deste venres, Galicia quedará nunha situación de chuvascos.

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos xeneralizados pola mañá e que irán remitindo co avance do día. A cota de neve estará ao redor dos 1.200 metros ao principio baixando ata os 800 metros progresivamente.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.

O vento soprará de compoñente norte, moderado, con intervalos fortes no litoral.

Comentarios