Un incendio forestal rexistrado no municipio de Cualedro, en Ourense, na parroquia de Montes, quedou extinguido ás 12:03 horas tras afectar a unha superficie de 21,32 hectáreas de monte raso
A Consellería de Medio Rural informa nun comunicado de que esta medición é provisional, ata que unha vez extinguido o lume se parametrice a superficie total danada. O lume comezou pouco despois das 23.00 horas do sábado.
Na extinción traballaron un técnico, sete axentes, dezasete brigadas e oito motobombas.