Manuel Martínez, deputado non adscrito tras ser expulsado do grupo provincial socialista, presentou formalmente unha serie de requirimentos que considera necesarios para desenvolver o seu traballo na Deputación de Lugo. Entre eles figura un despacho, unha dedicación exclusiva e formar parte das comisións informativas, de contas e da xunta de portavoces.
O alcalde de Becerreá dirixiu catro escritos ao presidente da Deputación, o pasado día 21, para reclamar os medios humanos, materiais e a presenza nos órganos de xestión que sonsidera que lle corresponde como deputado non adscrito.
Pide, concretamente, "un despacho ou local na sede da corporación provincial, para traballar de modo independente e recibir visitas de cidadáns, dotado da infraestrutura necesiaria de medios persoais (unha dedicación exclusiva e un posto de auxiliar administrativo) e materiais de funcionamento".
Solicita, ademais, que a secretaria o manteña informado as resolucións de presidencia e lle traslade as actas das xuntas de goberno e do pleno, como ao resto de membros da corporación.
Martínez esixe persoal e medios para traballar na Deputación de Lugo
Demanda un despacho, unha dedicación exclusiva e un auxiliar administrativo. Solicita, ademais, formar parte das comisións informativas, de contas e da xunta de portavoces