A catro días de que o xulgado de instrución número 1 de Ribeira realice a reconstrución xudicial da causa sobre a morte da nova Diana Quer, TVE emitiu un pequeno fragmento da declaración de Rosarío Rodríguez, esposa do detido pola morte da madrileña.
"Fómonos á cama todos", escóitalla dicir, engadindo que, despois, José Enrique Abuín volveu abandonar o domicilio. "O meu marido cambiouse de roupa e saíu; díxome que ía ao gasoil". Así relata como O Chicle volveu saír de casa despois de que toda a familia regresase das festas da Pobra a noite na que Quer sería raptada e asasinada.
Rodríguez negou en todo momento acompañar ao seu esposo o día da morte da moza.
CAMBIO DE VERSIÓN. O pasado 4 de maio O Chicle aceptou por primeira vez prestar declaración ante o xuíz que instrúe a causa pola morte de Diana Quer e fíxoo para cambiar a súa versión e admitir que estrangulou á moza madrileña, aínda que alegou que foi "involuntariamente". Ademais, ha exonerado á súa muller, inicialmente tamén investigada na causa.