As denuncias tramitadas pola Comisaría de Policía Nacional de Vigo en relación ao accidente do Marisquiño elévanse xa a un centenar, segundo confirmaron fontes policiais.
A maior parte desas denuncias foron presentadas en dependencias policiais de Vigo, aínda que 19 delas foron trasladadas desde outras comisarías (no caso de Galicia, desde A Coruña e Pontevedra). A estas denuncias hai que sumar as presentadas en sede xudicial.
O xulgado de instrución número 3 de Vigo é o encargado de investigar este accidente nunha causa que, polo momento, séguese polo suposto delito de lesións imprudentes.