A entrada de aire cálido do sur provocará unha subida de temperaturas este luns en Galicia nunha xornada na que haberá ceos despexados, néboas matinais no litoral atlántico e nubes de evolución pola tarde que poderían deixar algún chuvasco ocasional no sueste, segundo a predición de Meteogalicia.
Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable na metade sur e do nordeste, moderados, no resto; con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.
As temperaturas mínimas irán desde os 17º de Santiago aos 20º de Vigo mentres que as temperaturas máximas situaranse entre os 28º de Lugo e os 35º de Ourense pasando polos 30º de Pontevedra ou os 33º de Santiago.