O pai de Diana Quer, Juan Carlos Quer, concedeu nesta mañá de venres unha entrevista á Televisión de Galicia.
Quer pediu a prisión permanente revisable para José Enrique Abuín, El Chicle. "Este individuo é un psicópata, unha persoa sen sentimentos, sen empatía de ningún tipo para o que miña filla foi un kleneex de usar e tirar".
A Abuín impútanselle os delitos de asasinato, secuestro e violación. Agora será a sección sexta da Audiencia Provincial a que fixe a data para a vista oral.