Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas do martes 19 de outubro, hai nos hospitais galegos 31 pacientes ingresados por covid, tres menos que o luns, dos que 23 están en planta, dúas menos, e 8 en UCI, un menos.
O número total de pacientes con infección activa ascende a 438, fronte aos 432 do día anterior.
Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse 182.817 persoas e curáronse 179.765, dos que 27 corresponden á última xornada, na que o Sergas non comunicou ningún novo falecemento, polo que a cifra de mortos segue en 2.648.
Mentres, a incidencia da pandemia segue reducíndose, con 14,21 casos por cen mil habitantes a 14 días, fronte aos 41,90 a nivel estatal. A taxa de positividad é de 1,04 %, tamén moi por baixo da española, que é do 2,25 %, segundo os datos facilitados onte polo Ministerio de Sanidade.
Por áreas sanitarias, o incremento de casos activos foi xeneralizado, excepto na de Lugo, onde baixaron a 40, cinco menos, e a de Ourense, con 44 (-5).
Pola contra, aumentaron os casos na da Coruña, con 145 casos (+5); Ferrol, con 16 (+1); Pontevedra, con 42 (+6); Santiago, con 72 (+2); e Vigo, con 79 (+2).
En Galicia administráronse 4.414.102 dose da vacina contra o covid-19, co que xa hai 2.287.782 persoas coa pauta completa.