O mozo de 17 anos desparecido hai unha semana na localidade ourensá de Allariz foi localizado este venres, segundo informa a asociación Sos Desaparecidos, que desactivou a alerta.
En concreto, o mozo marchouse o pasado venres, 16 de outubro, dunha casa de menores na que estaba de paso no municipio de Allariz e na que, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil, só estivera "cinco horas".
As mesmas fontes sinalaron que trátase dun mozo "reincidente" que xa se marchou previamente doutros centros en Ávila e Madrid e estaba en Allariz de paso, xa que o seu destino era A Coruña.