Maná triunfa en Vigo coa camiseta de Aspas e con Caballero de presentador

O rexedor vigués cifrou en 100.000 os asistentes ao concerto dos mexicanos

Abel Caballero junto a la banda Maná. TWITTER
photo_camera Abel Caballero xunto á banda Maná. TWITTER

A actuación da banda mexicana Maná esperábase en Vigo como auga de maio. O grupo fixo vibrar este luns a un auditorio de Castrelos cheo, durante máis de dúas horas de concerto. 

A súa actuación enmárcase na programación das Festas de Vigo e o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, non dubidou en subirse ao escenario para presentalos e mostrarse orgulloso polo seu concello, "viva Vigo, viva Galicia e viva a música".

O rexedor cifrou en 100.000 os asistentes ao espectáculo na "mellor cidade do mundo".

A representación de viguesa non quedou aí. O cantante de Maná, Fher Olvera, se enfundouse a camiseta celeste de Iago Aspas para cantar un dos seus emblemáticos éxitos, Rayando el sol. Unha mostra de agarimo que foi aplaudida nas redes sociais.

Comentarios