Martiño Noriega, número tres por A Coruña de Galicia en Común, recoñeceu este luns os resultados "peores que malos" obtidos pola coalición este 12-X e afirmou que agora "toca a continuar a defender a vida desde a trincheira de medicina".
O exalcalde de Santiago e Teo, médico de familia, dá por pechado así un ciclo político, logo de non obter ningún escano a candidatura formada pola alianza de Podemos, Anova e as mareas atlánticas.
Isto dicía hai uns días.Hoxe temos maioría absoluta do PP 4 anos máis e os nosos resultados foron peores que malos.Grazas a todas polos aloumiños, parabéns á xente do @obloque polos resultados e agora toca,continuar a defender a vida dende a trincheira da Medicina.Vémonos na rúa. pic.twitter.com/VxCl3hDDFD
— Martiño Noriega (@martinhonoriega) July 13, 2020