Pedro Manuel Alonso Prado, triatleta afeccionado de 52 anos, faleceu este mércores en Bergondo ao chocar contra un camión. A vítima, que traballaba como bombeiro en Arteixo e residía en Oleiros, circulaba xunto a outros ciclistas. Era natural da localidade asturiana de Vegadeo aínda que se criou en A Coruña.
O accidente produciuse sobre as 15.30 horas no lugar de San Paio, na parroquia de Guísamo, nunha curva pechada e estreita da estrada que une Bergondo co encoro de Cecebre.
Desde o 112 informaron de que o ciclista morreu tras ser golpeado polo camión. Ao lugar, acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para salvarlle a vida.
Á zona onde tivo lugar o sinistro trasladáronse tamén efectivos da Garda Civil, da Policía Local e dos Bombeiros de Betanzos.
A tráxica noticia causou fondo pesar nos colectivos profesionais aos que estivo vinculado. Ademais de bombeiro en Arteixo, Pedro Alonso fora socorrista e voluntario de Protección Civil da Coruña.
Queremos expresar nuestro profundo dolor por el fallecimiento de Pedro Alonso,Bombero del parque de Arteixo,ex-socorrista y voluntario de nuestra agrupación hasta el 2005.
— Prot. Civil Coruña (@PCivilCoruna) February 5, 2020
Esta tarde nos ha dejado haciendo lo que le gustaba,montado en su bici.
D E P. Compañero. pic.twitter.com/AodrL0ZuEE