Morre unha muller nun accidente de tráfico en Ferrol

O vehículo saíuse nunha zona limitada a 50 quilómetros por hora e derrubou un farol ► Outra persoa resultou ferida de gravidade

Unha muller que viaxaba de copiloto nun vehículo faleceu e o seu marido, condutor do automóbil, atópase en estado moi grave, tras sufrir a pasada madrugada, sobre as 3,35 horas, unha saída de vía no centro urbano de Ferrol e chocar contra un farol. 

O accidente produciuse á altura do número 257 da estrada de Catabois, na zona de Porta de Neira, nunha zona limitada a 50 quilómetros por hora. Debido á intensidade do impacto, tanto o vehículo, un Peugeot 206, no que viaxaba este matrimonio como o farol sufriron importantes danos. 

O corpo da muller falecida, veciña do municipio de Narón e de nacionalidade chilena, foi traslado ao Hospital Naval de Ferrol onde na mañá deste sábado, desde as 11,00 horas, practicóuselle a autopsia, mentres que o condutor foi trasladado por unha ambulancia de Urxencias Médicas-061 ao Hospital Arquitecto Marcide en estado moi grave. 

Ao lugar do sinistro tamén se desprazaron efectivos de Bombeiros de Ferrol que facilitaron o labor de excarcerar ao condutor e axentes da Policía Local de Ferrol, que se encargan da investigación deste sinistro.