Unha muller de 80 anos de idade faleceu este martes pola mañá en Ponteareas ao ser atropelada cando se desprazaba por unha zona de supermercados próxima ao tanatorio. O suceso produciuse ás 10.20 horas.
Segundo informou o 112 Galicia, ata o lugar do arrolamento desprazáronse unha patrulla da Garda Civil, os bombeiros de Ponteareas e un equipo do 061, que nada puido facer por salvarlle a vida á octoxenaria.