O xulgado de Cambados decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para outros catro detidos en relación coa operación contra o narcotráfico desenvolvida o pasado sábado na ría de Arousa.
Estes catro, tres homes e unha muller, foron arrestados na Guarda.
En total son sete os detidos no marco dunha operación na que foron alixadas 2,7 toneladas de cocaína que transportaban dúas lanchas.
Previamente, o mesmo xulgado enviara a prisión aos dous ocupantes dunha das lanchas.
Os da segunda embarcación seguen en paradoiro descoñecido.
As forzas de seguridade lograron recuperar uns 68 fardos con cocaína que un dos dous lancheiros detidos na operación antidroga arroxara ao mar mentres fuxía.
A cifra de fardos intervidos rolda os 150.
As autoridades lograron frustrar o desembarco da cocaína en Galicia logo dunha persecución pola ría de Arousa que acabou coa interceptación das dúas planadoras.