O rei Juan Carlos destaca o Camiño de Santiago como "elemento favorecedor do encontro"

O rei emérito recibiu a credencial como embaixador de honra da Ruta Xacobea

O rei Juan Carlos recibe a credencial como embaixador de honra do Camiño de Santiago, de mans de Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera O rei Juan Carlos recibe a credencial como embaixador de honra do Camiño de Santiago, de mans de Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (EFE)

O rei Juan Carlos destacou este venres que o Camiño de Santiago é "un elemento favorecedor do encontro, comprensión mutua e estima de pobos diferentes".

Tras recibir a credencial como embaixador de honra do Camiño de Santiago no Hostal dos Reis Católicos, unha distinción que a Xunta lle concedeu o pasado mes de novembro, o monarca emérito mostrou a súa vontade de responder a este recoñecemento.

"É unha honra e unha gran responsabilidade que me vincula aínda máis a esta terra de Galicia, onde se funden a beleza das rías e os seus mares, prados e outeiros no Camiño de Santiago que é unha formidable aventura do ser humano", apuntou.

Mantivo que a Ruta Xacobea serve para o "encontro de correntes espirituais, de tendencias artísticas, económicas e sociais" que "fan que o Camiño sexa un excepcional lugar de catedrais e hospitais, de mosteiros e monumentos singulares".

"Pero, sobre todo, un elemento favorecedor do encontro, comprensión mutua e estima de pobos tan diferentes como latinos e xermanos, celtas, anglosaxóns e eslavos que, no intercambio de culturas e sentimentos, creaban un continente desde os Urales ata o Atlántico; un elemento que tamén servía de arteria integradora para os pobos de España", engadiu. 

Comentarios