Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou a dúas persoas que se atopaban practicado piragüismo e que terminaron arrastrados pola corrente tras envorcar no municipio de Oleiros.
Os dous afectados atopábanse nas inmediacións da praia de Santa Cristina, en Perillo, cando a súa embarcación envorcou e foron arrastrados pola corrente.
Un particular alertou do ocorrido sobre as 17,30 horas ao 112, que puxo en coñecemento dos feitos a Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas de Galicia.
O persoal de Salvamento Marítimo confirmou posteriormente que ambos foran rescatados e que estaban en perfecto estado, polo que non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios. Os piragüistas foron trasladados ata o peirao de Oza.