O popular Víctor Estévez hai meses que comentaba a súa pretensión de non volver presentarse nas próximas eleccións municipais para revalidar o seu cargo como rexedor do municipio de Portas, un posto que ocupa desde o ano 2015.
Este venres, Estévez confirmaba dita decisión no seu discurso durante unha xornada dedicada á terceira idade, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social Fabiola García.
O político compaxina, desde o inicio do seu mandato, os seus labores como alcalde co seu traballo nunha empresa de transporte.