Eugenia Martínez de Irujo interpretará á súa nai na serie 'Arde Madrid'

A ficción está dirixida e protagonizada por Paco León e emitirase en Movistar+

Eugenia Martínez de Irujo. MIGUEL RAJMIL (EFE)
photo_camera Eugenia Martínez de Irujo. MIGUEL RAJMIL (EFE)

Eugenia Martínez de Irujo interpretará á súa nai, Cayetana Fitz-James Stuart, en Arde Madrid, a serie de Movistar+ creada, dirixida e protagonizada por Paco León sobre os anos que viviu en Madrid a actriz Ava Gardner (1922-1990), informaron este luns a Efe fontes da cadea de televisión.

Aínda que foi a filla da duquesa de Alba (1926-2014) quen adiantaba o seu debut como actriz nunha publicación na súa conta de Instagram, na que aparece caracterizada como a súa nai, acompañada do texto "Grazas Paco León por deixarme participar neste proxecto!!! Foi unha experiencia única".

Así, Martínez de Irujo únese ao elenco desta produción en branco e negro de Movistar na que a estadounidense Debi Mazar interpretará a Ava Gardner, quen chegou por primeira vez a España en 1951, con 29 anos, para rodar Pandora y el holandés errante e volveu dous anos despois, en pleno proceso de divorcio de Frank Sinatra e da estrea de La condesa descalza.

Arde Madrid non será, con todo, un biopic sobre a actriz, porque se conta desde a visión dos personaxes que forman o servizo doméstico durante os anos que viviu en Madrid: Inma Cuesta (Ana Mari), Anna Castillo (Pilar), Julián Villagrán (Floren) e o propio Paco León (Manolo).

Comentarios