Educación e a Policía buscan aos mozos que participaron nunha pelexa en Lugo

No vídeo, difundido en Internet, pódese ver como dous quinceañeiros danse puñadas e patadas mentres outros os observan

A Policía Nacional trata de identificar ás persoas que participaron nunha pelexa gravada en vídeo o pasado mes de setembro en Lugo e que posteriormente foi difundida polas redes sociais, tal e como informou este medio a semana pasada. O servizo de Inspección da Consellería de Educación iniciou pesquisas nos institutos para tratar de localizar aos menores.

Segundo fontes da investigación, as pescudas iniciáronse por mor dun vídeo difundido polas redes sociais no que pode verse a dous mozos encerellados nunha pelexa no centro da cidade mentres outros os observan. Os participantes, apuntan, poderían ser menores.

Os investigadores, dixeron as mesmas fontes, tratan agora de "identificar" a eses mozos, aínda que non existe denuncia por estes feitos nos xulgados de Lugo. "Unha vez identificados", apuntan, se "son menores pasarase á Fiscalía de menores".

No vídeo difundido en Internet pódese ver como dous mozos se dan puñadas e patadas ante a atenta mirada de máis persoas, que acirran aos contendentes.

Comentarios