Baixan as temperaturas

Galicia estará este venres nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, moi similar á de xornadas anteriores, con ventos húmidos de compoñente oeste que deixarán nubes pola mañá e apertura de claros progresivamente cara á tarde. 

A predición de Meteogalicia recolle que durante a mañá poderíanse producir orballos illados. Cara á noite as nubes irán entrando de novo desde o oeste. 

Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste en xeral e as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. 

Entre as sete principais cidades galegas, a temperatura máxima rexistrarase en Ourense con 29 graos, oscilando no resto entre os 22 da Coruña e os 25 de Pontevedra. As mínimas produciranse en Vigo, con 15 graos, e en Lugo, con 16. 

Comentarios