A III Festa do Viño Tinto de Rubiós será o 26 e 27 de xullo

Presentación de la Fiesta en la nueva sede de la Diputación de Pontevedra en Vigo (Foto: Turismo Rías Baixas)
photo_camera Presentación de la Fiesta en la nueva sede de la Diputación de Pontevedra en Vigo (Foto: Turismo Rías Baixas)

A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo foi o escenario da presentación da III edición da Festa do Viño Tinto de Rubiós, que se celebra o fin de semana do 26 e 27 de xullo no municipio das Neves.

Ao acto asisitieron o alcalde deste concello pontevedres, Emilio Castro, así como a tenente de alcalde, o xerente da cooperativa de Rubiós e o Vicepresidente da Deputación e Presidente Executivo de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa.

A pesar de ser unha festa que se iniciou no ano 2006 tivo unha gran acollida dada a importancia que en toda a zona do Condado ten este tinto, pertencente ao D.O. Rías Baixas, de gran calidade e boa presenza.

Este ano o pregoeiro da festa será o Presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño.

Comentarios