Un bombeiro resulta ferido en Ordes mentres sufocaba un incendio

Traballaba na extinción dun lume declarado nunha máquina agrícola

Un bombeiro resultou ferido este xoves á tarde en Ordes cando traballaba na extinción dun lume declarado nunha máquina agrícola. Unha das súas rodas explotou, provocando feridas ao bombeiro nun xeonllo e na cara. Foi evacuado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

Os feitos tiveron lugar en Peñasco, na parroquia de Vilamaior. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 19.45 horas deste xoves para explicar que lle estaba ardendo unha máquina agrícola. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou da situación aos Bombeiros de Ordes e ao GES de Curtis. Tamén se informou á Protección Civil e á Garda Civil. Tamén se solicitou a intervención dos efectivos de Urxencias Médicas, unha vez se tivo constancia que o bombeiro resultara ferido.

Comentarios