Amaia e Alfred serán os elixidos para Eurovisión, segundo Wikipedia

O querido dúo figurou por uns minutos como os representantes de España na cita lisboeta 

AmaiaAlfred representarán a España no Festival de Eurovisión. Así figurou en Wikipedia durante uns instantes. A plataforma, que se alimenta dos artigos que van subindo os seus colaboradores, é considerada unha fonte de alta fiabilidade por moitas persoas. 

Confianza da que se aproveitaron os seguidores de Operación Triunfo para colocar Tú canción, a balada romántica que interpreta o dúo e que está escrita por Raúl Gómez, como a elixida para a cita de maio en Lisboa.

Minutos máis tarde Wikipedia retiraba a información e é que haberá que esperar á gala deste luns e os votos do público para coñecer a proposta de OT para Eurovisión.


 

A química entre ambos é máis que evidente tras a súa emblemática City Of Stars e a recente Todo mi amor eres tú que selaron cun bico.

Comentarios