O Hospital Povisa de Vigo completou os trámites administrativos para comezar a operar como centro extractor e de implantación de tecidos oculares, co que poderá levar a cabo tanto transplantes de córnea como de membrana amniótica.
Tal e como marcan os protocolos, as extraccións de córnea levaranse a cabo no hospital aos doantes falecidos, e serán enviadas ao Banco de Ollos da Coruña, desde onde se distribúen aos centros sanitarios de Galicia, informa Povisa nun comunicado.
O Banco de Ollos da Coruña coordina tamén os envíos de membrana amniótica, extraída nos partos con cesáreas programadas.
O transplante de córnea ou queratoplastia utilízase nos casos de perda ou diminución da agudeza visual por alteración na transparencia, e en adelgazamentos severos ou perforacións corneais.
O de membrana amniótica, no caso de patoloxías inflamatorias da superficie ocular.