Denuncian o quinto intento de secuestro dun neno en Madrid nos últimos días

A vítima deste caso sería unha nena de 11 anos

A Policía Nacional investiga o intento de secuestro dunha nena de 11 anos xunto ao colexio Sagrada Familia, situado no número 165 da madrileña rúa de Jorge Juan, no distrito de Salamanca.

A Xefatura Superior de Policía de Madrid informou de que o suceso se produciu o mércores ás 17.00 horas, cando un home intentou introducir pola forza a unha nena nun vehículo e fuxiu ao non conseguilo.

QUINTO CASO. Este intento de secuestro dun menor que investiga a Policía suporía o quinto caso similar ocorrido na Comunidade de Madrid logo dos dous denunciados na localidade de Las Rozas, un en Pinto e outro en Arroyomolinos.

As denuncias refírense a un intento de secuestro dun neno o pasado día 8 xunto ao colexio Logos, en Las Rozas; e o doutro menor, ao día seguinte, no colexio Europa, en Pinto.

O mércores a Garda Civil recibiu outras dúas denuncias, unha delas referida a un intento de secuestro en decembro nun centro comercial de Arroyomolinos, e outra sobre un caso localizado en Las Rozas nunha parada de autobús.