Morre afogada nunha piscina particular na Laracha

A muller sufriu unha caída e os sanitarios non puideron facer nada por salvala

Unha muller perdeu a vida na tarde deste xoves na Laracha ao afogarse na piscina dunha casa. Sucedeu no lugar de Caión, ao fío das 16:30 horas.

Nese momento, unha persoa particular solicitaba asistencia médica ao 112 Galicia para unha muller que caera nunha piscina e non respondía a estímulos.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e da Garda Civil.

Unha vez na vivenda, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.