Morre un manterio en Madrid ao fuxir da Policía

Sufriu un paro cardíaco tras botarse a correr para evitar un control policial

Un mozo manteiro morreu na tarde deste xoves dun paro cardíaco durante un control policial contra o top manta no barrio de Lavapiés de Madrid, segundo informaron fontes de Urxencias Madrid e policiais.

Mmame M., senegalés duns 35 anos, faleceu sobre 17:00 horas cando intentaba escapar dos axentes.

Segundo a policía, o home estaba a vender perfumes na Praza Maior e ao decatarse do control policial emprendeu a fuxida.

Unha veciña da zona que coñecía á vítima relatou a Efe que dúas manteiros corrían diante de dous policías municipais en moto e un deles esborrallouse á altura do número 10 da rúa do Oso.

Os dous axentes comezaron a reanimarlle, tarefa que continuaron sen éxito sanitarios do Samur-Protección Civil.

Tras o suceso decenas de persoas, entre as que se atopaba o compañeiro do manteiro falecido, concentráronse no lugar en protesta contra a presión policial que existe na zona contra os vendedores ambulantes.

O xuíz ordenou o levantamento do cadáver ás oito da tarde. Varias unidades de antidisturbios (UIP) desprazáronse á zona.