Unha nai e a súa filla resultan feridas nun accidente de tráfico en Culleredo

Na colisión víronse implicados dous turismos ► As dúas mulleres foron trasladadas a un centro hospitalario 

Dúas mulleres, nai e filla, resultaron feridas este mércores pola tarde nun accidente de tráfico en Culleredo. Na colisión por alcance víronse implicados dous turismos e, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na AC-14, sentido A Coruña, entre os puntos quilométricos 4 e 5. O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 16:55 horas, a través da alerta dun particular.

Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros da Coruña e de Arteixo e a Protección Civil.