Un excursionista ferido en San Andrés de Teixido

A vítima mancouse nun pé nunha zona de cantís

Os efectivos de urxencia rescataron este domingo a unha persoa ferida nun punto de difícil acceso de San Andrés de Teixido, en Cedeira. A vítima mancouse nun pé nunha zona de cantís, a escasos metros do mar.

Outro excursionista chamou ao 112 Galicia ás 14.15 horas desta tarde para explicar a situación. Segundo detallou, a vítima suirió un forte traumatismo.

Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Ferrol e ao GES de Ortigueira. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil.

A vítima foi rescatada por unha dotación do GES de Ortigueira e evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Comentarios