Opinión

Sentenzas contra o recorte de liberdades

SE PREOCUPANTE para un país é unha sentenza contraria por ilegalidade do ordenamento xurídico ou unha interpretación incoherente, convértese en alarmante que airee as vergoñas restritivas. E máis que non sexa excepción, porque o Tribunal de Estrasburgo fallou doce veces en 2016 e cinco en 2017 contra España por violar algún dereito recoñecido no convenio europeo. Non é o Estado estandarte de permisividade, non defende como a biógrafa de Voltaire dar a vida para permitir que diga o que queira quen opina o contrario. Ao revés, como se non se puidera exteriorizar o rexeitamento do establecido. Por iso Europa vén de amoestar a España, á que recorda que queimar unha foto dun rei entra na contenda política, como outras mostras que poden ser molestas, ou incluso ofensivas, pero dentro da liberdade de expresión. Pero tres dos catro principais partidos non se dan por aludidos.

Comentarios