ENTREVISTA

Darío Vilas: ''Os nosos contos de terror non son como os dos EE UU; aquí non temos heroes''


Etiquetas: entrevista, Darío Vilas

06/07/2011 - L-V / Diego de Cora

Darío Vilas (Vigo, 1979) é escritor e acaba de publicar Piezas desiquilibradas coa editorial 23 escalones. Tamén é o administrador de H-horror.com, un portal especializado en literatura de terror.

Pregunta:Fálenos de Piezas desiquilibradas.
Resposta: É unha antoloxía de 11 relatos na que precisamente os protagonistas son personaxes decadentes que sofren algún tipo de desequilibrio. Afástase un pouco dos relatos de terror
fantástico. Aquí o mal habita nestes personaxes decadentes, pero de carne e óso.

P: Vostede é o creador de H-horror.com, un portal especializado no xénero.
R: Creouse hai dous anos. Despois do éxito de filmes como The ring víase vir a influencia
do terror xaponés J-Horror. Quixemos distinguirnos como xénero de horror hispano. Na
páxina publicamos a diario tanto indicacións literarias como cinematográficas e mais
relatos. E convocamos certames literarios; o máis coñecido é o de Todos los Santos.

P: ¿Existe o ‘horror hispano’ como xénero definido?
R: Sí. Aínda que se segue a mamar un pouco dos Estados Unidos, séguense empregando
algúns clixés. Pero creo que nos caracterizamos polo noso estilo visceral; somos máis crueis ca eles e ademais nas nosas narracións non hai heroes. Se o noso compañeiro está en perigo, nós saímos correndo.
P
: ¿Ten algún novo proxecto á vista?
R: Este ano publicarei a miña primeira novela. Será coa editorial Dolmen, a primeira entrega dunha triloxía sobre zombis. Tamén nos gustaría recuperar a edición impresa anual de H-horror.com.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>