ECOLOXISMO
O I Rally Ecolóxico de Galicia terá lugar o 17 e 18 de setembro en Ourense
13/07/2011 - Axencias / Galiciaé
Os vehículos ecolóxicos serán protagonistas no Primeiro Rally Ecolóxico de Galicia, que terá lugar a cidade de Ourense o terceiro fin de semana do próximo mes de setembro.
Durante os días 17 e 18 dese mes, os participantes na carreira disputarán unha competición de regularidade, na que o mellor resultado será para quen consiga "a contaminación do vehículo, o seu consumo e a regularidade das medias horarias establecidas pola organización". Poderán tomar parte na proba os vehículos "eléctricos, híbridos ou de combustión que emitan menos de 120 gramos de CO2 á atmosfera".
Segundo a firma ourensá, nesta proba, establecida baixo a normativa da Federación Galega de Automobilismo, desde as tintas ecolóxicas ata os ingredientes que se utilicen nas comidas, "todo será de carácter ecolóxico".
No que respecta ao trazado, a primeira etapa partirá o día 17 da cidade de Ourense para realizar un percorrido pola Ribeira Sacra, ata a estación de Manzaneda. A segunda, que terá lugar o domingo, inclúe unha visita termal ao "Prexigueiro" e finalizará na adega Pazo Casanova, en Santa Cruz de Arrabalde.
Entre os principios, que recolle un decálogo, está o obxectivo deste rally, o primeiro en España deste tipo. Este é "dar a coñecer a existencia de vehículos de baixas emisións contaminantes", en paraxes "que dean a coñecer lugares de interese turístico" e demostrar que "o deporte do automobilismo e o coidado do medio ambiente son compatibles".
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










