A axuda de Estados Unidos foi clave para a liberación

Os mariñeiros da 'Playa de Bakio' chegarán o mércores a España


Etiquetas: Somalia, pesca, mar

27/04/2008 - Axencias/Galiciae

Os 13 mariñeiros españois do atuneiro 'Playa de Bakio', con base en Bermeo, regresarán a España o vindeiro mércores. É previsible que os oito tripulantes galegos cheguen ese mesmo día aos seus domicilios, en diferentes localidades da comunidade galega.

O 'Playa de Bakio' diríxese cara ao porto de Vitoria, nas illas Seychelles. O barco vasco navega con 'total autonomía'. No seu traxecto está a ser escoltado pola fragata 'Méndez Núñez'. O seu destino son as Illas Seychelles, onde está previsto que poida atracar no porto de Vitoria nun prazo de 70 horas.

Amadeo Álvarez Gómez, patrón de costa do atunero, manifestou que "estamos ben, pero cansos", pola tensión sufrida durante o tempo que permaneceron confinados no barco. Indicou que a tripulación do barco estaba a durmir nos seus camarotes, porque xa era de noite.

Mentres, a tripulación foi sometida a un recoñecemento médico realizado por un facultativo da fragata Méndez Núñez, confirmando que todos se atopan en bo estado de saúde.

''Dáme igual o que pagaran''
A vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, asegurou que o seu gabinete de crise traballou en estreita colaboración co armador. Non aclarou se se pagou un rescate, pero fontes somalís citadas pola Axencia Reuters dano por seguro e ata facilitan a cifra: 1,2 millóns de dólares (uns 770.000 euros).

Ainhize, filla dun dos mariñeiros do "Playa de Bakio" Juan Pedro Sesma, asegurou que á súa familia non lles informaron nada do posible pago ou non dun rescate para a liberación onte da tripulación do atunero secuestrado pero matizou que iso é algo que non me importa".

"Dáme igual, o que paguen ou deixen de pagar", afirmou a moza, quen explicou tamén que a súa nai falou esta mañá co seu pai e díxolle que estaba "ben", camiño das illas Seychelles.

"Xa se lle quitou toda a angustia, xa choramos todo o que tiñamos que chorar, porque agora estamos a chorar de felicidade", engadiu a moza, quen indicou que ela tiña a convicción de que isto se ía a solucionar rápido porque todo o mundo fixo o que tiña que facer, e teño que darlle a grazas a todo o mundo".

Axuda de Estados Unidos
Estados Unidos contribuíu á liberación dos 26 tripulantes da pesqueiro "Playa de Bakio" achegando ao Goberno español información sobre os movementos do buque e dos piratas que mantiñan retidos aos pescadores, informaron fontes diplomáticas.

O Exército estadounidense tamén ofreceu aprovisionamento aos medios aéreos e marítimos que España despregou como parte da operación para liberar aos pescadores.

A achega do Goberno de Somalia, un país fragmentado e sen apenas base institucional, tamén tivo un papel decisivo para lograr contactar cos intermediarios dos piratas, segundo as fontes.

Nesta tarefa de interlocución, estivo á fronte o embaixador español en Kenia, Nicolás Martín Cinto, que se desprazou a Mogadiscio, a capital somalí, como xa fixese co secuestro das dúas cooperantes de Médicos sen Fronteiras a finais do pasado mes de decembro.O embaixador estivo aloxado nunha tenda de campaña na base da misión durante os días que permaneceu en Mogadiscio.

Un 'Frontex' contra a piratería
Unha vez concluída esta tarefa, o obxectivo do Goberno é acelerar as negociacións para buscar "mecanismos colectivos de seguridade" con outros países con intereses nas augas do Corno de África.

Este plan pasaría por unha primeira fase de carácter político para comprobar a intención destes países e unha segunda etapa na que os seus mandos militares deseñarían o operativo para protexer aos atuneros que faenan nesta rexión.

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

O 'Playa de Bakio' escoltado pola fragata Méndez Núñez (Foto: EFE)
O 'Playa de Bakio' escoltado pola fragata Méndez Núñez (Foto: EFE)