Os alimentos

Datos de interés

  • Jueves 08.01.2009

Os alimentos


Etiquetas: Francisco Sineiro, alimentos, agricultura

Francisco Sineiro.

 

A publicación dos resultados do consumo alimentario realizado polo Ministerio de Agricultura permite coñecer os cambios que se van producindo nos nosos hábitos de compra nos últimos anos. Deste xeito observamos que segue aumentando a proporción do gasto realizado nos super e hipermercados, nos que concentramos un 60% das compras. Debido ao ritmo de vida actual cada vez facemos menos compras, polo que adquirimos un maior número de artigos en cada unha.

Xeralmente collemos máis de 10 ou de 20 produtos diferentes, sendo moi difícil coñecer onde están os produtos con mellores prezos. É unha situación ben diferente de cando por exemplo compramos unha peza de vestir e podemos comparar os prezos de varios establecementos, polo que podemos ter unha idea máis aproximada das diferenzas de prezos existentes.

Deste xeito non temos outra opción que guiarnos polo prezo duns produtos como indicadores do nivel xeral de prezos. Isto é algo que utilizan ao seu favor as empresas de distribución, que tratan de presentar ofertas atractivas sobre produtos de consumo corrente, como mostra do seu baixo nivel de prezos. Son os denominados produtos reclamo, sendo moi habitual utilizar alimentos como o leite ou o aceite. Outros modos desta política comercial son as ofertas en marcas brancas, que son produtos que o distribuidor encarga a unha empresa e ponlle a súa propia marca de distribuidor, desposuíndo así ao industrial do sinal de identidade dos seus produtos. Os consumidores somos así bombardeados con ofertas atractivas de produtos reclamo, de marcas brancas ou de promocións ou descontos especiais.

O que habitualmente non facemos ningún de nós foi precisamente o obxecto dun traballo de curso dunha alumna intelixente e observadora. Primeiro preparou un listado de comidas para unha familia, de aí obtivo os produtos necesarios para unha compra semanal e plantexou dúas posibilidades, adquirindo produtos de primeiras marcas ou de marcas brancas e foi anotando os s prezos que estaban vixentes nas mesmas datas en varias supermercados de Lugo.

Os resultados foron interesantes baixo varios puntos de vista. Había considerables variacións de prezos entre as distintas cadeas, sobre todo para os produtos de oferta ou marcas brancas. Segundo os produtos os prezos eran máis elevados ou baratos en establecementos distintos, pois ningún tiña os prezos máis baixos en todos ou na maioría dos produtos. En consecuencia había diferenzas relativamente elevadas entre as cadeas de alimentación con notables sorpresas sobre as nosas ideas antes de realizar o estudo, pois os prezos dos establecementos máis grandes non eran sempre os máis baratos.

O aforro para as primeiras marcas podía chegar a preto dun 20% e acadar ata un 30% no caso das marcas brancas.

29/04/2008

5'0 (3 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso