Desenlaces

Famosos en Tomate


Etiquetas: comunicación, televisión, famoseo, Navia Franco

07/05/2008 - Navia Franco

Hai quen aspira a ser cáustico e cruel como Risto Meijide; liviá como a sobriña de Rouco Varela, espida en plan reivindicativo na revista de sempre; egoísta como os fillos de Pajares; “llanero” solitario como Cayetano Martínez de Irujo; falsa como Isabel Pantoja; defensora da dieta da alcachofa como a Campanario; ou apañada como Carolina Herrera filla, quen espera descendencia, coida da que xa ten e monta negocio, todo ao mesmo tempo e sen perder estilo.

Sen embargo, somos maioría quen observamos eses personaxes con curiosidade e sen moita devoción. En definitiva, ocúpannos algún tempo, si, pero non moito espazo no cerebro. Se facemos caso das enquisas, as perruqueiras son as únicas compradoras da prensa rosa deste país. Custa tanto recoñecerse comprador/a das revistas do corazón como admitir que, de cando en vez, moi de cando en vez, asalamos os veciños pola ventá para saber que cociñan na pota. E é que hai días nos que os titulares rosa lle devolven a unha o sorriso e outros nos que poñen patas arriba os esquemas máis básicos.

Precisamente, eu mesma vivín a ponte pasada pegada ao televisor coa miña nai, co corazón nun puño entre os ingresos psiquiátricos de Pajares, as declaracións de Mari Cielo e as contra-declaracións de Andrés Bruguera. Na sala de estar, pareceume sentir a ollada de esguello de miña nai, como querendo adiviñar se algún día eu chegarei a protagonizar unha traizón similar ao do “culebrón” Pajares. Debo confesar que, en canto daban paso á publicidade, eu, pola miña parte, visitaba os meus fillos, durmidos na cama, intentando tamén descubrir nas súas caras de anxo algún indicio demoníaco. Afortunadamente, non fun quen de atopalo.

Vén isto a conto de que temos montado tal circo que, ao tempo que o alimentamos, seguimos facendo medrar a ilusión de que o éxito na vida se reduce a un “famoseo” que enxalza o peor que hai no ser humano. Borraron da grella o Tomate pero aínda queda moito prebe na cociña de cada quen.

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html