Hai materia prima, pero non se explota

Galicia importa case o 90% das algas necesarias para satisfacer a súa industria


Etiquetas: mar

06/05/2008 - Martín G. Piñeiro

A crecente incorporación das algas á gastronomía abriu nos últimos anos unha oportunidade de negocio para o sector marisqueiro galego, que viu nestes vexetais mariños unha fonte de ingresos ata hai pouco limitada a simple complemento das economías familiares, cando se recollían e vendían para a industria cosmética ou a experimentación médica.

En 2004 chegaron ás lonxas galegas as primeiras especies e desde entón, as algas deixaron máis de 190.000 euros nas arcas dos mariscadores do montón. A esta cantidade hai que sumarlle outra moito maior, a xerada polas industrias que se especializaron neste mercado e que en Galicia son, principalmente, catro: Algamar, Ceamsa, Lou e Porto Muíños.

A costa galega é a maior horta submarina do sur de Europa, aínda que ata hai pouco tempo as máis de 600 especies que se poden atopar no litoral de Lugo, A Coruña e Pontevedra pasasen desapercibidas para a industria.

Falla a engrenaxe
Aínda así, a recolección de algas por parte de mariscadores e empresas en Galicia apenas chega 500 toneladas a unha industria que procesa unhas 6.000 ao ano. É dicir: Galicia debe importar o 90% das algas que necesita a pesar de ter na súa costa a maior despensa de España. A principal culpable desta situación é a Compañía Española de Algas Marinas S.A. (Ceamsa), a única que non envasa para consumo senón para producir espesantes industriais.

É a principal importadora de algas da comunidade, xa que as compañías de conservas e envasado Lou, Algamar e Porto Muíños se autoabastecen co que produce a costa galega.

Unha vez máis, na comunidade falla a engrenaxe central. Hai materia prima de primeira calidade, como en moitos outros campos do sector primario, pero esta non se explota, malia os recentes esforzos dalgunhas compañías de crear polígonos de cultivo de algas na costa, como a que ten Agrogalicia en Merexo (Muxía) e onde xa se extraeron numerosas toneladas este ano. Porto Muíños tamén ten instalacións similares en Lorbé e en Sada (A Coruña).

As principais compañías do sector teñen que saír de Galicia cando se trata de comprar semente, sendo Santander e Francia os seus principais abastecedores. Nestes polígonos cultívanse principalmente especies xa deseñadas para iso e introducidas no mercado nacional desde Xapón nos últimos anos. Os expoñentes máis claros son o wakame ou o kombu de azucre, moi apreciados na gastronomía.

Plans de explotación
Con todo, o litoral galego conta con numerosas especies aptas para o consumo humano, a industria cosmética e ata a medicinal. A este último apartado adícase en exclusiva outra compañía da comunidade, a Central Galaica de Plantas Medicinais, que ten 20 días entre xuño e setembro para percorrer o litoral de Lugo e A Coruña en busca das especies que necesita, segundo o plan de explotación da Consellería de Pesca.

Conservas Porto Muíños é a compañía con máis días de recolección, con 180 entre xaneiro e decembro en todo o litoral galego. Séguelle de cerca Algamar, con 166 días de xaneiro a agosto e tamén en toda a costa. Conservas y Ahumados Lou dispón tamén de todo o territorio galego para a extracción de algas, pero só en 40 días entre maio e agosto, segundo o establecido por Pesca.

Mención aparte merece a Compañía Española de Algas Mariñas S.A (Ceamsa), unha das máis antigas no sector –naceu en 1967– e que recolle en 96 días de marzo a outubro en varias zonas limitadas de Galicia.

Ceamsa, a diferenza das empresas conserveiras que envasan os vexetais mariños, usa diferentes familias de algas para elaborar carraxenatos, un aditivo que se usa na industria cárnica, láctea e como espesante para gominolas, xeados e produtos de droguería.

Iso si, Ceamsa bota man de especies moi concretas de algas: Chondrus crispus, Eucheuma cottonii, Eucheuma spinosum e varias familias de Gigartinas, e importa a maior parte da súa produción.

Á actividade extractora destas cinco industrias súmanse en Galicia os permisos de explotación de 18 confrarías de pescadores e dúas sociedades cooperativas pesqueiras. Son as da Coruña, Sada, Camariñas,, Camelle, Corcubión, Espasante, Lira, Muros, Ribeira, Aldán- Hío, O Grove, Portonovo, Raxó, Bueu, Pontevedra, Marín, Lourizán e Cangas, xunto ás sociedades Mergulladores de Fisterra e Mardelira.

Lento, pero seguro
Aínda que polo momento a actividade económica vinculada á extracción de algas pasa desapercibida, todos son conscientes do seu potencial. As algas "son un produto que cotiza á alza" e que está de moda "polo seu valor gastronómico e a súa imaxe ecolóxica", aseguran desde Porto Muíños.

Esta compañía viu a oportunidade de negocio en 1998 e desde entón non parou de investigar e perfeccionar os procedementos de extracción, envasado e sobre todo, mercadotecnia, o máis importante.

O obxectivo que se propuxo entón a compañía era “incluír as algas na dieta habitual dos consumidores como un alimento máis, como unha verdura”. Porto Muíños é un claro exemplo do boom experimentado por este mercado á alza na comunidade. En 1998 a súa produción anual era de 1.000 quilos, situándose hoxe en cifras superiores ás 1.000 toneladas de sete variedades diferentes.

De todos os xeitos, en Algamar, onde procesan 200 toneladas ao ano, recoñecen que o mercado crece, “pero lentamente”. “Polo menos agora á xente xa lle soa que é algo comestible”.

Un produto apto para case todo
O mercado das algas ten, como todos, aspectos favor e en contra. O máis negativo é que dunha produción de alga fresca ao produto final, tras pasar polo proceso de deshidratado, pérdese moito diñeiro e moita rendibilidade.

Por contra, a súa gran virtude é a versatilidade  deste produto, apto para case todo. A aplicación máis coñecida é a do consumo humano. Existen máis de 200 espcies aptas para comer, sendo Xapón (81 especies) o principal mercado.

Pero as algas tamén se aplican en terras como fertilizantes, primeiro de forma tradicional e agora a nivel industrial. Na industria cosmética, farmacéutica e alimentaria tamén se empregan como espesantes, ficocoloides e gomas industriais (confituras, gominolas, batidos, desodorizantes, conservantes, tintas, insecticidas, etc).  Para rematar, a súa aplicación  medicinal avanza, como en aplicacións contra o herpes.

3'7 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



2 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#2 Por welmito 03-12-2008 14:28

Normal

trabajo en el sector del marisqueo y tengo bastante tiempo libre. mi pregunta es y hay alguna posibilidad de recolectar estas especies para vosotros y si es posible de alguna manera incorporar una embarcacion profesional


#1 Por elvis 24-05-2008 13:51

Normal

hola quisiera saber que si tambien importaban algas de sudamerica en este caso de peru y si les interesaria gracias.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Recolección da primeira colleita de algas na plantación experimental de Merexo (Muxía) [Foto: AGN]
Recolección da primeira colleita de algas na plantación experimental de Merexo (Muxía) [Foto: AGN]