Tomando o té co tacaño de Goethe

Datos de interés

  • Viernes 08.08.2008

Ollo Mol

Tomando o té co tacaño de Goethe


Etiquetas: Jaureguizar, literatura, libros

Jaureguizar.

A miña muller criouse convivindo con libros, cun pai que lle incidía no labor importante das persoas que os escribían. Cando empezamos a convivir, logo me confesou que pensaba que os escritores eran importantes ata que me coñeceu. Foi daquela cando houbo de asumir que me facía a encarga de comprar cinco cousas concretas no Gadis da esquina e eu volvía con sete completamente diferentes, ou que miraba para os enchufes, co desparafusador na man, tan marabillado como se me atopase diante do ordenador Hal 9000 que ideara Kubrick.

Inopinadamente unha decepción como a que sufriu a miña muller comigo non a padeceu Johann Peter Eckermann con Goethe. Eckermann era fillo dun feirante que vendía fíos, pero logrou que os acaudalados da súa vila lle pagasen os estudos. Aí comezou a súa ruína. Malia que ao primeiro se interesou por Schiller, deu en descubrir a Goethe. “Lin e relín unha e outra vez as súas composicións, o que me produciu unha felicidade que non podo describir con palabras”, anotaba na altura.

En 1822, Eckermann escribiu un feixe de artigos que recompilou como Contribuciones a la poesía e remitiu a Goethe. Non temos noticia da sensación que espertaron as reflexións do rapaz no xenio, malia que sabemos que quedou agradablemente sorprendido pola súa caligrafía e contratouno como secretario. No verán do ano posterior, Eckermann escomenzaba a tomar os apuntamento do que logo se recompilou como Conversas con Goethe (El Acantilado).

A relación motivou parodias e mesmo obras de teatro, pero o secretario viviuna co entusiasmo de mirarse como o discípulo predilecto de Goethe. Nese marco temos que ler o goce que lle representou poder tomar o té co patriarca das letras alemás cando foran alá cinco meses dende a súa chegada á mansión de Weimar.

Nese tempo Kubrick non ideara Hall 9000, pero poida que Goethe fose moi despistado; tanto que esqueceu de pagar ao seu secretario. Transcorrida unha década de convivencia íntima, Eckermann comentoulle a súa intención de publicar o libro de conversas para poder casar coa súa prometida e el prohibiullo antes da súa morte. O discípulo houbo de sobrevivir aprendendo alemán a ingleses na espera do pasamento do escritor.

Bastante mellor tratou o maior crítico literario inglés dos tempos todos, Samuel Johnson, ao mozo avogado escocés James Boswell. O rapaz entrou nunha libraría do Covent Garden, no centro de Londres, e topou cun mangallón que o impresionou ata o punto de deixar a súa entrega ao alcool, aos xogos de cartas e ás esmorgas para dedicar 21 anos a escribir unha crónica do crítico. Vida de Samuel Johnson apareceu recentemente en español nun volume de case que dúas mil páxinas editadas por El Acantilado.

De exquisitez e de respecto cara ao seu biografador pode cualificarse a actitude de Naipaul cara a Patrick French. O premio Nobel permitiu ao investigador revisar 50.000 documentos, contestou ao que lle preguntou e asentiu tras ler o borrador de The world is that it is (Edicións Picador). Nese libro cóntase a nula delicadeza que Naipaul dedicou á súa primeira muller, sobre a que confesa que “podería dicirse que eu a matei”. Patricia Hale aturou que insultos e infidelidades do seu home porque estaba certa de que casara cun xenio. “E os xenios é o que teñen”, debía de pensar para consolarse de tanta ruindade como exhibía o escritor.

Pero quedábame por contarlles a fin da relación Eckermann/Goethe. Cando o xenio finou, o seu secretario empezou a publicar os textos, pero non tiveron a repercusión que el agardaba porque os literatos do colectivo Deutschland Jünger criticaban o pusilánime entusiasmo patriótico de Goethe. Casou, iso si, pero o primeiro fillo morreulle no parto e, no alumeamento do segundo, quen marchou foi a súa muller. Eckermann mudou a túzaro e quedou coa única compaña dos paxaros que voaban polo seu cuarto e aniñaban nos seus zapatos.

12/05/2008

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso