''Os libros arden mal''

Datos de interés

  • Viernes 08.08.2008

Nove Ondas

''Os libros arden mal''


Etiquetas: Rosa Aneiros, intolerancia, Historia, literatura

Rosa Aneiros.

O poeta Heinrich Heine acuñou a frase “alí onde queiman libros acaban queimando homes” como denuncia contra os incendios que pretenden converter as ideas en cinza. Talvez falaba da Inquisición pero acabou sendo o agoiro funesto do que acontecería en Alemaña, case un século despois.

O 10 de maio de 1933, hai 75 anos, a praza da Ópera de Berlín veu o seu ceo convertido en bolboretas negras de papel. Eran as follas queimadas nunha pira de milleiros de libros considerados “perigosos” polo poder nazi e incinerados baixo a atenta mirada de Goebbels. Alí, no ceo berlinés, as palabras de autores como Jack London, Wells, Albert Einstein, Hemingway, Erich Maria Remarque, Sigmund Freud ou Bertolt Brecht. Case trinta mil libros incinerados e, canda eles, o pensamento dos seus máis de cinco mil autores expostos á violencia ígnea das lapas.

No aire gris da cidade, as avelaíñas escuras foron o terrible anticipo das cinzas dos campos de concentración. A sucesión de acontecementos demóstranos como, efectivamente, o Bibliocausto derivou no Holocausto. Mais non é o caso único, por desgraza. Fernando Baez, na súa obra titulada Historia universal de la destrucción de libros, enumera exemplos históricos que confirman o home como un auténtico bibliófago, un feroz depredador da palabra impresa.

Convén non baixar a garda porque non estamos libres desta ansia pirómana. Acabamos de contemplar impasibles o a destrución de milleiros de libros en Bagdag, tamén a vaga de analfabetismo que sacode o mundo e como o incendio da indiferenza devora volumes nos andeis das librarías. Pero, por fortuna, os libros arden mal. E soñamos que nunca un incendio logrará calcinar unha idea.

13/05/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre






Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso