A asociación Galicia Bilingüe fixo unha enquisa da que se tira que un 80% da poboación afirma que deben ser os pais os que elixan a lingua de ensino dos seus fillos.
Só o 12% dos enquisados pensa que a sinalización das estradas debe estar unicamente en galego e, finalmente, un 42% declárase galegofalante, case a mesma cifra (42,6%) que se define castelanfalante, polo que en “Galicia hai un bilingüismo case perfecto”, segundo afirma Gloria Lago, a presidenta do colectivo.
Pregunta: ¿Por que decidiron crear Galicia Bilingüe?
Resposta: Nós empezamos a recoller unhas firmas antes do verán, cando soubemos que se ía aprobar un decreto que regulaba o uso do galego na ensinanza porque nos parecía que vulneraba os dereitos dos pais que preferían que os seus fillos estudasen en castelán.
P: ¿Que propoñen vostedes?
R: A nosa proposta é a mesma que está en vigor noutros países con linguas minoritarias. En todos eles, os pais poden elixir a lingua vehicular, mentres os nenos non teñen idade para facelo, e despois, déixase aos alumnos que o fagan.
Ademais, hai un texto xurídico que é a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias que foi ratificada polo Goberno español. España adheriuse nos mesmos termos que Irlanda ou Finlandia, por exemplo, e nestes dous países respéctase os falantes da lingua minoritaria. Parécenos que a imposición non é un bo camiño para conservar unha lingua. As linguas non deben ter dereitos porque os dereitos témolos as persoas.
Nós o que pedimos é que estea todo nos dous idiomas. Non sabemos a quen pode prexudicar que as sinalizacións das estradas ou os papeis oficiais estean nos dous idiomas, como pasa noutros países.
'O desprestixio xa rematou'
P: Durante anos o galego foi un idioma que estivo totalmente represaliado. ¿Non cre que é hora de darlle un pulo a esta lingua?
R: O galego era unha lingua que estaba absolutamente desprestixiada e iso tiña que acabar pero o desprestixio xa rematou. A Unesco, e calquera persoa que se dedique á ensinanza, recoñece que a mellor forma para que un neno aprenda é que o faga na súa lingua materna, polo que esa situación non se pode soster.
P: O decreto da Xunta propón que o 50% das materias se impartan en galego.
R: Mira, iso é unha mentira absoluta. Neste momento só é obrigatorio impartir en español Lengua Española. As materias troncais teñen que darse todas en galego.
Liberdade para escoller
P: ¿Cal sería a solución entón?
R: O que fan noutros países. Os pais elixen a lingua vehicular na que queren que ensinen aos seus fillos ata que eles poidan decidir. Ademais, en Galicia tal é como está distribuída a fala dos dous idiomas, non faría falta separar os nenos por centros; sería suficiente con facer unha separación por aulas.
P: Tamén se pode pensar que os que estiveron discriminados ata agora foron os galegofalantes porque as clases e os libros estaban en español, ¿non?
R: Evidentemente, pero o que non sería lóxico sería facerllelo pagar aos nenos de agora. O que estaba mal hai que intentar cambialo.
Presión e ausencia de cor política
P: ¿Cantos socios ten Galicia Bilingüe?
R: Socios a redor de 1.000, pero despois temos moita máis xente que colabora con nós, o que pasa é que hai moitas presións, non te podes imaxinar cantas. Xente que non nos quere mostrar o seu apoio directamente por medo a sufrir represalias.
P: ¿Chegaron a sentirse acosados?
R: Cando tiñamos por aí o noso autobús, fomos vítimas de moitos insultos de sectores moi variados. Mesmo nos asociaron con partidos ou ideoloxías, e ¿que terá que ver unha cousa con outra?
P: ¿Pero ten cor política Galicia Bilingüe ou non?
R: En absoluto. Nin tampouco temos ningún grupo de presión detrás; somos libres e indepedentes. ¿Cres que algún partido me pode compensar a min por todo o que pasei, o que me insultaron e me ameazaron? Non, claro que non.
P: ¿Que opina dos medios de comunicación en galego?
R: Paréceme moi ben, perfecto, ¿por que non? O galego é uha lingua moi querida por min e belísima, pero sinxelamente non quero que se impoña.
'Falo galego todos os días'
P: ¿Fala galego vostede?
R: Todos os días. Vivo nunha zona rural, na que case todo o mundo fala galego.
P: Estes días estase celebrando o Correlingua e o sábado é o Día das Letras Galegas. ¿Que pensa deste día?
R: É un día de celebración para todos os galegos porque é un motivo para recordar os nosos grandes escritores, que os temos unversais e moi bos.
13/05/2008
BUENO, a Gloria Lago a falar galego, anda ya, home, nunca na miña vida nos dous anos que recibín clase dela escoitei unha palabra en galego, so inglés e castellano, e eso de que vive nunha zona rural, si chamarlle senón me equivoco a Coruxo, unha parroquia de Vigo rural, que veña Dios e o vexa.
En canto a que o do galego foi unha lingua desprestixiada, so hai que entrar nos seus foros, ler os comentarios da xentiña que elí opina sobre a lingua e os que a utilizamos (lengua menor, hablar con las vacas....), (paletos, nazionalistas...), pra ver que iso non é esí. Todos os días convivo ca diglosia, desde a miña nai que responde quien es no teléfono, ó meu colega...
BUENO, a Gloria Lago a falar galego, anda ya, home, nunca na miña vida nos dous anos que recibín clase dela escoitei unha palabra en galego, so inglés e castellano, e eso de que vive nunha zona rural, si chamarlle senón me equivoco a Coruxo, unha parroquia de Vigo rural, que veña Dios e o vexa.
En canto a que o do galego foi unha lingua desprestixiada, so hai que entrar nos seus foros, ler os comentarios da xentiña que elí opina sobre a lingua e os que a utilizamos (lengua menor, hablar con las vacas....), (paletos, nazionalistas...), pra ver que iso non é esí. Todos os días convivo ca diglosia, desde a miña nai que responde quien es no teléfono, ó meu colega Vitiño que pide el bocadillo de jamón asado con queso, ou ós meus compañeiros de clase que so utilizan o galego pra facer chistes.... e xa por non falar dos casos de discriminación que de cando en vez aparecen na prensa e que todos coñecemos.
Porque non falan claro e din directamente que queren segregar e crear ghettos?, porque non din directamente que o galego non debe ser normalizado e debe seguir a ter un papel testimonial na sociedade galega?, porque non din que non queren que os nenos poidan recibir xuntos as mesmas clases nunha ou outra lingua que son perfectamente intelixibles?, porque non falan do respeto á ensinanza da lectoescritura na lingua materna existente no decreto?, porque non falan de que a política de bilingüismo armónico e o anterior decreto cun tercio das asignaturas por lei en galego, conseguíu facer a centos de mozos monolingües en castelán, e moitos galegofalantes pasarse ó castelán, por ser a escola un factor de castellanización?, porque piden que se ensinen asignaturas en inglés porque so unha non é suficiente pra aprendelo e logo contradicense co galego?, porque se falan de bilingüismo, de saber cantas máis linguas mellor e da intercomunicación, atacan á normativización do galego, o reintegracionismo, e o feito de que o galego e o portugués forman un continuum lingüístico?.
Convén botarlle unha ollada á enquisa. Non chega ás 800 entrevistas e prioriza os ámbitos urbanos da Coruña e Pontevedra. Por exemplo, as enquisas en Lugo provincia son a terceira parte das que seica se fixeron na da Coruña. Outro exemplo, cando lle preguntan pola nova Lei de comercio, case un 85 % non oíu falar dela. Que conclusións se poden sacar da resposta do 15 % de 800?? E onde estaba a Sr. Lago na defensa da lingua minorizada que era (segundo ela) no seu momento o galego? Que curioso que se acorde agora dela? E outra pregunta. Todos sabemos o caras que son as enquisas. De onde sacaron os cartos para facela?
Me parece muy bien esta asociación. No soy nacido en Galicia y me cuesta muchisimo hablar gallego y además no me siento cómodo hablándolo aunque eso no significa que lo desprecie ni que no quiera a Galicia, aqui han nacido mis hijos y aqui vivo, pero entiendo que no me pueden impedir utilizar mi lengua materna que es el castellano y que debo ser yo el que decida en que idioma estudien mis hijos porque a veces me preguntan dudas escolares y no comprendo los libros en gallego. Para mí esta asociación es necesaria y democrática y por lo que a mi respecta tiene todo mi apoyo.
estou dacordo co q di o exalumno, levo 2 anos vivindo en Barcelona e a verdade non hai comparación; esta xente si q se nota q aman o seu idioma, non coma nós q moitas veces nos da vergoña falalo en público por q nos fixeron crer q era de xente inculta. VAIA UNHA CHORRADA. Pero tampouco estou dacordo en impoñelo a forza como fan eiquí cos comerciantes, si non poñen o cartel en catalán
sancionados, manda carallo! iso non e asi. Temos q falar o galego pq nos guste falalo non por imposiciós.
De acordo con JLP: O que non se pode ser e impositivo. A mín pláceme adaptarme á persoa que me fala. Que o fai en galego pois galego. Que si en Castellano pues en Castellano. Oxalá puideramos respostar en todos ós idiomas do Mundo.
As falas están para entenderse, non para enxendrar discordia.
Saúdos. Salúdos.
Recoiro, de acuerdo contigo, que cada cual haga lo que le parezca, el que quiera hablar gallego, que lo hable, y el que quiera hablar castellano,pues lo mismo. Lo de las sanciones me parece lo último.
Y al que pregunta de dónde saca Galicia Bilingüe el dinero para hacer una encuesta... ¿se cuestionó alguien de dónde sacaban los Nunca Mais el dinero para sus movilizaciones? Mientras no venga de la trata de blancas o el tráfico de drogas, mientras no me lo pidan a mí, cada uno que se financie como pueda. Y no sé por qué tiene que hablar gallego gloria Lago, que lo hable si le parece, y si no, pues no. Qué manía con mangonearlo todo.
En caso de que sea cierto que "o desprestixio do galego rematóu", estoy convencido que no sería debido a los esfuerzos de esta señora... Xa que logo, esta Gloria Lago non me merece moita credibilidade: nin ela nin as suas verbas.
Somos muchos los bilingües en Galicia, pero que no nos vengan con asociaciones que ahora se declaran "pro-libertad de idioma", cuando jamás les importó el gallego y generalmente lo despreciaron y desprecian. No sé a quién pretendéis engañar...
A mí lo que me parece de locos es que se dedique tanto dinero a la enseñanza del gallego y tan poco a la del inglés que es el idioma del futuro. En el mundo laboral si no hablas inglés no eres nadie. Los crios tienen que salir del instituto hablando inglés perfectamente, lo otro... estoy de acuerdo con la mayoría, el que quiera gallego, gallego y el que quiera castellano, castellano pero el ingles es fundamental.
Y empieza el desprestigio del castellano. A ver que premios concede la Xunta y los ayuntamientos gallegos por escribir en español, a ver que formularios y que actas se redactan en español, a ver que pregones se leen en español, en fin a ver que se subvenciona en español
La actitud inquisitorial, prepotente e impositiva de los gallegos pata-negra, su intento plenamente logrado de CERCENAR la produccion de los autores gallegos en castellano a la vez que primar a los galegofalantes no importa su calidad, la negativa pueril a aceptar que el español es la lengua madre de la mayoría de los gallegos, y que la Constitucion avala el derecho a hablar la lengua oficial del estado, las ESTUPIDECES esas del autoodio y el autodesprecio, que en cuanto las oigo me llevo directamente la mano a la cartera, el ABSURDO IRRITANTE de imponer la lengua gallega en la enseñanza a niños y profesores que hablan español, los embustes como presionar a los niños ("Si vais os subo...
La actitud inquisitorial, prepotente e impositiva de los gallegos pata-negra, su intento plenamente logrado de CERCENAR la produccion de los autores gallegos en castellano a la vez que primar a los galegofalantes no importa su calidad, la negativa pueril a aceptar que el español es la lengua madre de la mayoría de los gallegos, y que la Constitucion avala el derecho a hablar la lengua oficial del estado, las ESTUPIDECES esas del autoodio y el autodesprecio, que en cuanto las oigo me llevo directamente la mano a la cartera, el ABSURDO IRRITANTE de imponer la lengua gallega en la enseñanza a niños y profesores que hablan español, los embustes como presionar a los niños ("Si vais os subo dos puntos a la nota , pero si no vais ateneos a las consecuencias") y obligarles a ir a la movida Correlingua, enfin,hay grandes sinsentidos que están consiguiendo lastrar y castrar la cultura del grueso de los gallegos.
Los cimientos de esta sinrazón los puso Fraga con sus complejos, no digan que no somos suficientemente galegos, y la minoría naZionalista con la anuencia sociata, ha organizado una auténtica INQUISICION PERSECUTORIA, que amenaza con multas a los comercios y empresarios o a las orquestas de feria y está consiguiendo incrementar los índices de fracaso escolar, que ya estamos con Malta , Grecia y Portugal.
NO SE PUEDE OBLIGAR A NADIE A USAR UNA LENGUA QUE NO SIENTE.
NO SE PUEDE DEMONIZAR A NADIE POR USAR LA LENGUA OFICIAL DEL ESTADO Y LA QUE USA EN SU FAMILIA.
NO SE PUEDE MANIPULAR A LOS CHAVALES, NI UTILIZAR A LOS MEDIOS, presentando como enemigos a quienes piden bilingüismo y libertad para hablar como se le ponga en los goolies, pues no faltaba más.
NO SE PUEDE HACER UNA RELIGION DE LA LENGUA, NI GASTAR EL GRUESO DEL PRESUPUESTO EN ELLO CUANDO HAY TANTAS CARENCIAS Y NECESIDADES.
La imposición solo genera rechazo. Y el gobierno despótico de una MINORIA MINORITARIA que perdió las elecciones debería pensar más en los hospitales, la justicia, la crisis económica que en la imposición linguística.
O de esta asociación non ten nome. Intentan que un neno poida estudar no idioma que queira, ou sexa que poderían rematar os estudos sen coñecer unha palabra de galego ou de castelán. Loiemos por coñecer o maior numero de linguas posible e non o que estos ocultamente intentan facer que é o uso absoluto do castelán. Que se deixen de inventar problemas e que vaian a lgún colexio e poderan ver como un 25% dos rapaces e rapazas que entran falan galego pero cando rematan case o 100% fala só castelán. E esta señora ten o morro de decir que o castelán esta sendo atacado. Por certo se son bilingües porque só defenden o castelán?
estoy totalemente en desacordo co k di ese artigo, xa que so contan os enquistados que lle firmaron, porquw a min viñeronme preguntar duas veces se estaba d acordo con k se impartiran as clases en galego, e claro k o estoum porque nas zonas urbanas se non se desen as clases en galego pouco a pouco acabaria desaparecendo, xa queeu vivo na cidade e se non fose pola escola a penas coñeceria o meu idioma, polo tanto tamen hai que contar os k non firmaron ese papel