Pombas xubiladas

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Desenlaces

Pombas xubiladas


Etiquetas: fauna, Defensa, Navia Franco

Navia Franco.

As novas tecnoloxías non só asedian a prensa escrita, amolan tamén os pobres animais ata provocar incluso a xubilación das pombas que ata ben pouco tempo prestaban servizo como disciplinadas militares. Recentemente -declinaba o mes de marzo- e sen moito rebumbio, o Exército español xubilou as 330 aves mensaxeiras que integraban a Sección Columbófila: toda unha tropa de paxaros adestrados cuxas plumas gardan os segredos de misións que probablemente nunca coñecerá a opinión pública.

Primeiro dixéronlles adeus ao entregalas á Real Federación Columbófila Española e, a continuación, os cinco militares que quedaran nos últimos anos ao cargo das pombas tiveron tempo de manifestar publicamente o seu convencemento de que, no caso de producirse a destrución das comunicacións, o único xeito de enviar mensaxes sería nas patas das aves, agora xa afastadas da actividade militar.

As súas palabras indican, pois, que a xubilación das pombas castrenses ameaza o plan B, ese que os Gobernos da comunidade internacional deben estar preparando para cando chegue o gran desastre das comunicacións, se é que chega. A estratexia que seguirá o dito plan élle un misterio.

Outro gran misterio é como se orientan as pombas mensaxeiras. Por moitas hipóteses que presenten os diversos estudos científicos que hai ao respecto, aínda non está dita a palabra máis erudita sobre o asunto. Voar a 70 ou mesmo a 90 quilómetros por hora e gozar da volta á casa para que un namorado das túas plumas te coide despois dunha dura viaxe son razóns de envergadura para ter vocación de pomba mensaxeira.

Á espera do mellor tratado de columbofilia, desexémoslle unha grata xubilación ás nosas pombas castrenses. Para falcóns, os que ameazan a gaivota popular. Pero esa é outra historia máis aburrida, cun plan B moi escuro e cunha gran desorientación.

14/05/2008

4'7 (3 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por Xose 15-05-2008 14:53

Normal

Sorprendente final, como case sempre nos teus artigos. Son un asiduo lector teu e hoxe por vez primeira animeime a comentar o artigo, porque non me esperaba un remate tan espectacular. Segue así e noraboa.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso