Socio Fundador de Quobis Networks

Iago Soto: ''Cando as aldeas teñan youtube, na cidade verán vídeo en tempo real'


Etiquetas: empresa, WiMax, Internet, brecha digital, rural

15/05/2008 - Marcos Ferro

Comezaron nunha área tan pioneira, que ata que chegaron eles non existía ningún informe técnico en lingua castelá. Iago Soto e Elías Pérez, socios fundadores de Quobis Networks, comprenderon moi pronto que a tecnoloxía WiMAX pode achegar por fin a banda larga ao rural galego.

P: ¿Cal é o nivel de demanda da tecnoloxía WiMAX? ¿Hai vida á marxe da Administración?

R: Co WiMAX comezamos a traballar hai relativamente pouco de maneira local. A nivel de facturación Galicia representa máis ou menos, o 10%. A día de hoxe, a demanda está bastante incentivada por parte do sector público, sobre todo en concellos, onde estas redes se están despregando en base a subvencións.

Si que se fixo algo dentro de Galicia, no que nós non participamos, porque tiñamos certas ‘discrepancias’, pola calidade de servizo que podían recibir os usuarios. Facer unha rede municipal que teña unha determinada calidade,que sexa competitiva no caso de que haxa ADSL nese concello é algo custoso, que está por encima dos proxectos que se fixeron en Galicia.

P: ¿De todos?

R: En xeral, si. Hai un caso, o de Vilanova de Arousa que parece que contra co orzamento suficiente como para despregar a rede. Co plan da Xunta, que dota de 80.000 euros a cada concello, aparte de cometer o erro de adicarlle a mesma cantidade de diñeiro a concellos de 30 quilómetros cadrados que aos de 300, é practicamente imposible poder facer un servizo de calidade.

De feito, as solucións que se presentaron non se poden considerar WiMAX como tal, senón que son WiFi adaptados, e teñen certas carencias. Noutros sitios no Estado si que se están a facer proxectos nos concellos cun orzamento que permite despregar unha rede profesional.

P: ¿E na empresa privada?

R: Na empresa privada tamén hai clientes. Hai un operador, Iberbanda, filial de Telefónica, que está completamente enfocada a redes baseadas en tecnoloxía WiMAX. Hai máis casos, sobre todo operadores rexionais, entre os que temos máis clientes, todos fóra de Galicia, na zona do Levante.

E por último, temos clientes no sector empresarial tradicional. Hai empresas que precisan de redes para conectar sedes próximas, e hai plans para moitas universidades españolas, que lles permitirá dotar de conectividade todo un campus.

Superar a fenda sen fíos
P: ¿Cal é a maior carencia do WiMAX?

R: Que só soluciona as necesidades de ancho de banda que de hoxe, que pedimos 10Mb como moito. Agora a xente do rural está 4 ou 8 veces por debaixo do que poden ter no entorno urbano, pero en 5 ou 8 anos, a xente das cidades terá servizos de 100Mb, ou incluso 1Gb. Isto xa é unha realidade en sitios como Singapur ou Tokio. Seguiremos mantendo a fenda dixital, e será máis difícil de superar ca esta. Cando cheguen ao rural os vídeos de Youtube, na cidade xa se verá vídeo en tempo real de alta definición.

P: ¿Hai algunha tecnoloxía ‘sen fíos’ que se achegue ao seguinte ‘salto dixital’?

R: Non. Hai xente que xa está traballando niso, pero teremos que usar bandas de frecuencias moito máis altas, que esixirán visión directa e radios de alcance reducidos. A día de hoxe non vemos solución. Igual hai que pasar a tecnoloxías de cable eléctrico, ou algo similar.

P: ¿Que tecnoloxías usa Quobis?

R: Quobis adícase a prover solucións de comunicación. Traballamos con solucións para vídeo, voz ou datos, tanto con tecnoloxías cableadas, como sen cable. Utilizamos solucións sen fíos, dende WIMAX, ou WiFi ata tecnoloxías de radio-enlace cando non é viable utilizar cable. Se non, sempre é mellor a fibra ou o cable coaxial, sen dúbida.

P: ¿Ata en materia de custos?

R: Non, tecnicamente, polo seu ancho de banda. En materia de custos, depende. Canta máis densidade de poboación, máis compensa. Grandes cidades como Singapur, Tokio, ou Seúl poden falar dun ancho de banda de 100 Megabits(Mb), porque teñen redes de fibra ou coaxiais.

En zonas rurais isto non tería sentido, porque hai que estender unha grande cantidade de cableado para poucos veciños. Ese é o oco que cobren as tecnoloxías sen fíos.

Máis servizos
P: ¿Non vos cuestionastes ter servizos de operadora?

R:
Non, por unha razón moi simple, unha grande parte dos nosos clientes son operadores. Temos proxectos para moitos dos operadores coñecidos de España, e para outros locais. Montamos as redes e, se se da o caso, poñémonos en contacto cos operadores para que se fagan cargo do servizo. Ser operador é complicado, porque a xente ten incidencias, e hai que atendela, e sendo operador, isto é moi custoso.

P: E ademais, hai que sumarlle o prezo das infraestruturas...

R: Aí queda moito por facer. Pero si que se está traballando agora en utilizar outras bandas de frecuencia que si que permiten utilizar menos equipos, e reducir a inversión. Hai un caso coñecido en telecomunicacións no que Galicia é punteira, o dos microrreemisores de televisión.

Houbo tres empresas de aquí que se especializaron en produtos específicos para Galicia. Así, mentres o emisor habitual de TV custaba, por exemplo, 50.000 euros, estes custaban 3.000.

Estaban moi limitados en alcance, pero eran axeitados para Galicia. A idea que temos as empresas é adaptar esta tecnoloxía aos equipos WiMAX: que sexan máis baratos para entornos moi rurais, onde imos ter poucos clientes.

O que necesitamos aquí son pequenas estacións que lle dean servizo a 10 ou 15 fogares e non precisamos un alcance tan grande, mellor que me custe 2.000 euros en lugar de 40.000. Así igual poderemos facer unha instalación en cada val.

3'8 (4 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Iago Soto, fundador de Quobis Networks (Foto: Marcos Ferro)
Iago Soto, fundador de Quobis Networks (Foto: Marcos Ferro)
Antena WiMax
Antena WiMax