O Ebro desemboca no Mar de Aral


Etiquetas: naturaleza, trasvase, medio ambiente, Juan Antonio Pinto Antón

15/05/2008 - Juan Antonio Pinto Antón

As guerras do século XXI virán molladas de auga, ese milagre da natureza e un ben imprescindible para a vida.

En España, pel de touro reseca e mal vertebrada,  mentres os encoros do norte están cheos, no sur e no leste a seca acendeu as alarmas. A auga é un ben público que hai que xestionar entre todos, coa solidariedade dos cidadáns e co sentidiño dos técnicos. Porque os ríos non coñecen fronteiras nin pertencen a ningunha autonomía.

A cigarra española canta atoleirada nos anos de abundancia de auga, e non hai formiguiñas previsoras para a seca das vacas fracas. E cando entramos nun período de emerxencia os laios empurran cara a solucións faraónicas: centos de quilómetros de tubaxes, infraestruturas xigantescas, transvases entre cuncas, encoros, viadutos.

Ante un recurso escaso como a auga comportámonos como novos ricos: gasto abusivo, campos de golf no deserto, praderías de ray-grass inglés na estepa castelá, malgasto no rego a manta, regos por aspersión no inferno do ferragosto.

Gasto abusivo, dilapidación e prezo escaso nunha península onde os ciclos da seca teñen boa memoria histórica e os habitantes unha sorte de alzheimer suicida.

Ata unha nena de primaria sabe que a auga ten os seus ciclos inmutables onde alternan secas e inundacións. Cada gota que o río Ebro verte no Mediterráneo non é auga perdida nin desperdiciada. Ten unha fundamental importancia ecolóxica nos ecosistemas do delta, e mesmo nun mar que precisa os nutrientes e a auga doce do río e que son barreiras para as pragas bíblicas de medusa nunha costa eminentemente turística.

Se non fósemos burros con orelleiras miraríamos lonxe de nós para aprender a lección terrible do mar de Aral. Na década dos 60 tiña 68.000 qms/2 e 1.100 qms/3 de auga doce, corenta mil toneladas de peixe cada ano e máis de medio millón de has. de terras húmidas. Hoxe é un dos maiores desastres ecolóxicos do planeta e un exemplo dramático de onde pode levar o desenvolvemento se ignoramos o medio ambiente onde se produce.

Daquela tamén houbo expertos que choraban pola auga que o Amu Darya e o Syr Darya ‘perdían’ no mar. Las hectáreas. cultivables para ser autosuficientes en algodón pasaron de catro millóns a vinte nos tempos de Stalin. Hoxe o mar de Aral perdeu máis da metade da superficie. As terras húmidas son desertos. A pesca desapareceu con pobos pesqueiros a sesenta quilómetros do lago. Hai unha catástrofe sanitaria polo abuso de fertilizantes e praguicidas. Perdeuse o efecto moderador sobre o clima.

A auga é demasiado importante para que a xestionen políticos miopes, populistas e insolidarios. Cómpre retomar, da man dos que saben, a confianza na nai natureza que leva moitos millóns de anos acertando e facendo viable a vida no planeta. Pouco tardamos os homes en estragala. Corrixindo á natureza, a ignorancia dos nosos gobernantes pode facer que o río Ebro, o que garda silencio diante do Pilar, acabe desembocando no mar de Aral.

5'0 (8 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>