Os escritores Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra convertéronse este sábado en gañadores dos premios organizados pola editorial Xerais nas categorías de novela, literatura xuvenil e infantil.
Os premios entregaranse nun acto organizado na Illa de San Simón, ao que acudirán preto de 300 persoas de diferentes ámbitos da sociedade galega.
A novela vendedora da vixésimoquinta edición do Premio Xerais foi 'O xardín das pedras flotantes', obra de Manuel Lourenzo González.
Nado en Vilaboa en 1955, ensina lingua e literatura galega no instituto Torrente Ballester de Pontevedra, aínda que conta cunha ampla experiencia literaria que se remonta a principios da década dos noventa.
Entre a traxedia e a ficción
Tal como explica o xurado, Manuel Lourenzo completa "un relato de amor insólito, extraordinario e paixonal entre dous adolescentes". Un camiño marcado por unha historia confluente de carácter xenealóxica que arrinca desde a Idade Media e conduce até a actualidade.
'O xardín das pedras flotantes' bota man de elementos da literatura fantástica e da traxedia, e resultou elixida de entre 54 obras participantes no certame.
O seu autor presentouse ao mesmo baixo o pseudónimo de Manalva, e mereceu o recoñecemento do xurado, formado por escritores como Xabier Puente, Xosé Miranda ou Santiago Jaureguízar.
Literatura infantil: á primeira vai a vencida
En canto ao Premio Merlín de literatura infantil, este recau na obra da xornalista Mar Guerra titulada 'Xenaro e o misterio da mochilota verde'.
Nacida en Madrid aínda que residente en A Coruña dende 1987, Guerra obtivo o premio pese a tratarse da súa primeira novela, xa que ata agora centrárase máis no campo do relato curto.
En 'Xenaro e o misterio da mochilota verde', o xurado considera que Mar Guerra acada "un trhiller psicolóxico" a partir dunha historia cotiá de rapaces dun centro escolar. "Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e co humor, propón unha viaxe ao mundo dos nenos e das nenas de hoxe", sostén o xurado.
Marilar Aleixandre, en busca de xustiza
Finalmente, o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil foi parar á escritora Marilar Aleixandre, grazas á súa obra 'A cabeza de Medusa'.
Nela, Aleixandre narra a historia da violación dunha rapaza por parte dun descoñecido ao saír dunha festa de Entroido. A través dunha prosa "áxil e dinámica", a gañadora aborda "con valentía" un tema complexo no que as dúas protagonistas, Lupe e Sofía, buscan xustiza e sofren o castigo de parte da sociedade.
07/06/2008