Multa de 36.000 euros

Losantos, condenado por inxurias graves contra Alberto Ruiz-Gallardón


Etiquetas: Gallardón, PP, medios, Losantos

16/06/2008 - Galiciae

Federico Jiménez Losantos foi condenado por inxurias graves a Alberto Ruiz Gallardón. O tribunal imponlle unha multa de 100 euros ao día durante 12 meses. En total, terá que indemnizar unha multa de 36.000 euros, a metade do que solicitara a Fiscalía.

O xornalista defendeuse no xuízo xustificando que se chamou "traidor, sinistro, bandido, lacayo do Goberno, caradura e fillo de Satanás" ao alcalde de Madrid foi porque o rexedor "non quería que se investigase a fondo o 11-M".

Os informativos da COPE difundiron a noticia cunha valoración do locutor sobre a sentenza: "É ridícula desde o punto de vista económico porque o honor do alcalde só vale seis millóns de pesetas". Tamén manifesta que "por ese prezo" seguirá criticando a Gallardón.

Na edición deste luns de 'La Mañana', Losantos afirma que esta sentenza "supón unha espada de Damocles sobre a liberdade de crítica ao poder político".

Gallardón: ''o máis ofensivo que dixeron sobre min''
Pola súa banda, o alcalde asegurou que as palabras que o locutor lle dedicou no programa 'La mañana', o 6 de xuño de 2006, son "o máis grave, inxurioso e ofensivo" que dixeron sobre el en toda a súa vida política. Gallardón asegurou que destinará todo o que cobre á Asociación de Vítimas do Terrorismo.

O presentador radofónico chegou a afirmar en 2006 que a Gallardón "danlle igual" as vítimas dos atentados, con tal "de chegar ao poder", pero no xuízo xustificou a súa diatriba porque cre que o alcalde tiña a vontade de pasar "páxina" e obviar toda a investigación respecto ao 11-M.

Para Losantos, Gallardón era "unha voz que facía claramente o xogo ao PSOE" por iso é polo que arremeteu contra el na radio, un medio onde "é practicamente imposible separar a opinión da información".

Losantos queda só
Máis aló de ver a un xornalista sentado no banco por inxurias ao alcalde de Madrid, o xuízo tivo outro foco de atención. Losantos citara como testemuñas da Defensa a figuras relevantes do Partido Popular tradicionalmente enfrontados a Gallardón, como Esperanza Aguirre, Ángel Acebes, Eduardo Zaplana ou Ignacio González.

Aínda así, todos eles lle deron as costas a Losantos ao asegurar que Gallardón non se negou a investigar sobre o 11-M ou que houbese mala fe nas súas palabras, polo que o único apoio do locutor foron os seus colegas xornalistas, Pedro J. Ramírez ou José Alejandro Vara.

Á saída do xulgado, Losantos afirmou que a actitude de Aguirre ou Acebes fora ''de caradura total e un exercicio de cinismo''.

4'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



5 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#5 Por Xacarandaina 16-06-2008 18:14

Normal

Mira que eres fantasma Losantos. Si yo fuera el Juez te enchironaba ipso facto, por fantasma (bueno, y por bobo también, por que hay que ser tosco para fiarse de los politicos y hala, de testigos al juicio): Si además no pagará él la multa, que se la pagará la empresa, que menos (a la COPE si le salió la jugada, subida de audiencia= subida de anunciantes, pero quien se sienta en el banquillo es el pringao)


#4 Por sake 16-06-2008 17:23

Normal

La sentencia claro que le da la razón a federico ,lo que tenia que hacer el señor gallardon era irse al PSOE,si tuviera algo de diginidad, claro!con su amigo Leguina!


#3 Por Fiota 16-06-2008 15:00

Normal

Lo curioso es que se pueden hacer viñetas vejatorias sobre los príncipes herederos de la Corona Española, se puede llamar al Rey jefe de los torturadores que no pasa absolutamnete nada, se pudeden en las vascongadas hacer mitines con terroristas y apología del terrorismo, pueden algunos politicos humillar a las víctimas de los atentados, se pueden quemar banderas españolas incluso en Universidades, se puede llamar por television Puta a España, etc y no pasa absolutamente nada.
La sentencia no hace más que dar la razón a don Federico Jimenez Losantos.


#2 Por Dadiz 16-06-2008 14:35

Normal

Este tío es un verdadero TERRORISTA DE LA INFORMACION. Lo cierto es que le ha salido muy barato injuriar, descalificar e insultar a un político. Pero no nos engañemos, a este sinvergüenza le paga la CONFERENCIA EPISCOPAL. ¡¡ARREPENTIOS PECADORES!!!!


#1 Por Alligator 16-06-2008 13:43

Normal

¿Losantos? ¿Quién es Losantos?


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Federico Jiménez Losantos e Alberto Ruíz-Gallardón (Fotos: EFE)
Federico Jiménez Losantos e Alberto Ruíz-Gallardón (Fotos: EFE)