Podemos

Datos de interés

  • Lunes 13.10.2008

Podemos


Etiquetas: Eurocopa, fútbol, Besbe

Besbe.

Fíxome falla que España gañase a Eurocopa para decatarme de que non me sinto capaz de berrar Viva España! sen ter que facer teatro e que non vexo nada atractivas as bandeiras españolas ao meu arredor. O que non vou negar é que si me gustou ver os partidos e que me aledei de que a avermellada resultase ser a campiona porque a imaxe de Iker Casillas e medio vestiario, en calzóns e regados de champán non é unha mala vista.

A Eurocopa estivo ben levada por parte de Cuatro que lle dou un toque de humor para vender mellor cada partido e, de paso, facer caixa a través do vudú con Otto que, a estas horas, debe estar coma un coador. Ao final conseguiron que a mensaxe chegase ao inconsciente colectivo e funcionou, España gañou.

Todo estaba ben así: os futboleiros contentos, os que se sentisen españois orgullosos e aos que tanto nos ten, tanto nos dá, presenciando o balbordo das celebracións. Todo estaba ben. Un dos comentaristas dixo que estes eran os fillos da Transición e logo Angels Barceló, falando da victoria da selección española, comentou que que pena os que estaban entrando en interpretacións políticas e que estaban perdendo o poder abrazarse cun descoñecido celebrando a alegría da victoria, que á fin de contas, só era un xogo. Para rematar, afirmou que “o único que queriamos era que gañaran os que falan o noso mesmo idioma”.

E aí rompeuse a miña España porque non estamos obrigados a abrazarnos con descoñecidos para celebrar a victoria duns mozos que falan castelán e non se debería mirar entón con malos ollos que nos guste ter Selección Galega, que celebremos as victorias de Óscar Pereiro, de Gómez Noya, de Tareixa Portela, de David Cal etc pensando nunha bandeira branquiazul.

Pero vai ser que todo é algo máis ca un xogo, que hai quen se incomodan porque Sergio Ramos se envolva nunha bandeira de Andalucía e que, á hora da verdade, nós non podemos.

Así que non se vexa mal que non queira drogarme de alegría coas victorias deportivas españolas porque se podería entrar en interpretacións políticas. Iso si, alédome moito polos rapaces.

30/06/2008

4'5 (22 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



5 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por Folgas 01-07-2008 02:12

Destacado

Eu alégrome moitísimo coas victorias de Gómez Noya, de Óscar Pereiro,... Pero non vexo aos alemáns facendo seleccións federais, nin os suizos seleccións cantonais, nin os estadounidenses seleccións estatais e teñen tan arraigado coma nos o espírito das súas comunidades, e tamén o nacional. ¿por qué ademáis de alegrarnos cós triunfos dos galegos nos deportes individuais non podemos reclamar mais presencia galega nas seleccións nacionais, coma Fran Vázquez na de básquet? se cadra sería mais práctico que pedir unha selección propia e con escasos recursos.


#2 Por Xose 01-07-2008 08:29

Normal

Folgas, tamén hai exemplos como o británico con varias seleccións nacionais. E os suizos non creo que digan que se alegran de que gañen "os que falan o noso idioma", por que cada cantón fala o seu, vaia que non teñen idioma "comun".
Penso que o artigo está moi ben, eses que din que só é un xogo e din que son outros os que buscan política nel, ao final son os que máis politizan o asunto.
Por certo, parbéns aos rapaces da "roja" que o fixeron moi ben.


#3 Por DendeEire 05-07-2008 17:13

Normal

Que eu saiba en Galicia tamen se fala castelan, e mais que galego estes dias por desgraza. Non sentirse español e' unha cousa pero dicir parbadas como "abrazarnos con descoñecidos para celebrar a victoria duns mozos que falan castelán". Estes que ti dices "Óscar Pereiro, de Gómez Noya, de Tareixa Portela, de David Cal etc" tamen falan castelan (e galego).....pero agora seguro que por falar galego ti es mais galego que ninguen, non si? Que cousas un ten que ouvir.


#4 Por mollos 05-07-2008 19:39

Normal

As mallas era o que mais nos gustaba os pequenos tirando os mollos io peor recoller as patacas do rego recen aberto polo arao.Que tempos aqueles!


#5 Por besbe 10-07-2008 01:09

Destacado

#3 Non me considero máis galega ca ninguén por falar galego e o que me parece unha parvada (e non é tal, visto o resultado) é que se faga uso político do deporte e do idioma tal e como andan as cousas a día de hoxe (véxase Galicia Bilingüe ou o "Manifiesto por la lengua común" que Óscar Pereiro tamén asinou).

O de que "lo único que queríamos era que ganasen los que hablan nuestro mismo idioma" si que o temos que escoitar e que eu saiba en España tamén se falan outros idiomas ademais do castelán pero iso non se transmite á hora da verdade e é o que viña a dicir: hai unha concepción de España que non me inclúe nin da que me sinto parte.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso