Dotado con 6.500 euros
Teresa Moure gaña o premio de teatro Rafael Dieste
11/06/2007 - Marcos Sanluis. AGN (A Coruña)
O premio de teatro Rafael Dieste foi este ano para a escritora Teresa Moure, pola obra 'Unha primavera para Aldara', unha peza ambientada na revolta dos irmandiños.
O xurado destacou a "sólida estrutura dramática, a potencia dos conflitos e a magnífica construción de personaxes", e tamén a trama, que combina un "grande traballo de investigación histórica" co tratamento de temas de actualidade.
A acción desta obra sucede nun convento de monxas en plena Guerra dos Irmandiños, a finais da Idade Media. A autora reivindica o papel da muller na sociedade, ó tempo que critica o dogmatismo e condena o maltrato.
A decimo terceira edición do galardón presentáronse 21 obras. O premio ten unha dotación económica de 6.500 euros e a posibilidade de representar a peza gañadora.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










