A beleza de morrer

Datos de interés

  • Lunes 13.10.2008

A beleza de morrer


Etiquetas: arte, muerte, Besbe

Besbe.

Son temperaturas soporíferas estas nas que non son extrañas as baixadas de tensións. Nin extraña me é a historia de vida de M. Repítema cada vez que vou a vela, coma se eu non me fose a lembrar. Foi costureira dende os 14 anos, cando aprendeu a coser bastillas e enaguas, xa moito antes facía vestidos para as bonecas e cosía nos trapos.

M. traballou moito, tanto coma todas esas persoas que agora veñen á cabeza, e xa é maior. Tamén ten unha enfermidade terminal e sabe que vai morrer. Di que todo o que traballou, traballouno con ganas, con gusto e con ilusión, que algún día me lembrarei do que me di. Xa o fago cando penso nas 65 horas semanais que Europa, esa tremenda Utopía, nos vai permitir traballar, cousa que non faremos tan a gusto coma M.

M. non deixa de contarme recordos e lémbrase de dicirme que se vai mudar porque o piso que teñen en propiedade ten unha chea de escaleiras e ningún ascensor. Vai alugar un novo, deses que non se dan vendido, dos que teñen carteis de grandes constructoras. M. todo o conta alegre, satisfeita co que viviu e por iso non ten medo á morte pero si ao sufrimento, porque morrer dignamente aínda non é legal neste país.

Gregor Shneider, artista alemán, hai uns meses expresou o desexo de expoñer nun museo a unha persoa a piques de morrer, co consentemento previo do propio moribundo e familia, xa que considera que a morte e o camiño cara ela a día de hoxe son un sufrimento.

Esquécese que un museo non é o mellor lugar para a acción, que hai que actuar e reaccionar cada día coa esperanza de contarlle algún día a alguén a nosa vida, felices de tela vivido ao remate dos días.

O certo é que hai moitas loitas por diante: unha hipoteca, as mellores vacacións, ter un iphone, manexar informacion antes e mellor ca ninguén, pronunciar a palabra crise...deixarnos saturar por todo antes ca pensar no que nos gustaría ter vivido para, o día que morramos, poder contalo tranquilos e orgullosos de nós mesmos.

A beleza da morte da que Schneider fala está na beleza do que construímos en vida e despenalizar a dignidade nos derradeiros días sería un acto moi fermoso.

21/07/2008

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso