Feiraco introdúcese con Unicla no mercado do 'leite I+D'


Etiquetas: Feiraco, gandería, I+D+i, agro, leite

30/07/2008 - Galiciae / AGN

A cooperativa galega Feiraco presentou este mércores o seu novo leite Unicla, un novo produto incluído no mercado dos leites funcionais (aquelas que ofrecen unha composición nutricional máis beneficiosa para o organismo) que contén un 18% menos de graxas saturadas e catro veces máis Omega 3 producida de forma natural en base a unha alimentación controlada das vacas.

Información relacionada

O leite Unicla é a culminación dun proxecto de investigación iniciado hai tres anos en colaboración con dez grupos das tres universidades galegas e a Administración autonómica.

O director de investigación de Feiraco, Ismael Martínez, coordinador do proxecto, destacou entre os beneficios deste leite a mellora do sistema inmunológico, a redución da graxa corporal ou a súa asimilacón máis fácil por parte do organismo.

A alimentación das vacas é a clave do novo produto, explicaron desde a cooperativa, cun sistema tradicional que supón prolongar o perfil de nutrientes da herba verde da primavera ao longo de todo o ano, completando a dieta animal cun suplemento a base a sementes de liño. Así, as vacas producen leite con contidos grasos máis adecuados e saudables.

Un mercado galego 'saturado'
Ismael Martínez insistiu na necesidade de competir con innovación nun mercado en crise como o lácteo. "Ou somos capaces de innovar ou os nosos gandeiros afrontarán serias dificultades a medio prazo", sinalou. Feiraco ten prevista un investimento en I+D de 2,4 millóns de euros no período 2008-2009.

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, que asistiu á presentación deste novo produto en compañía de representantes das tres universidades galegas e do Instituto Galego de Promoción Exterior (Igape), subliñou as oportunidades de Unicla nun mercado como o galego "excesivamente concentrado no leite líquido e con poucos produtos que achegasen innovación e valor engadido".

Neste sentido, defendeu o camiño iniciado de forma colectiva entre a cooperativa, as universidades e a Administración para conquistar a un consumidor "esixente" que se está declinando por alternativas como a soia.

110.000 toneladas de leite en 2007
A produción da cooperativa Feiraco no 2007 ascendeu a 110.000 toneladas de leite, aos que se une a de 65 millóns de quilogramos de pensos. A facturación foi de 100 millóns de euros, dos cales un 60% correspóndese ao leite líquido.

O novo produto, xa presente nalgúns puntos de venda, comezará a súa distribución masiva a partir da próxima semana, cun prezo que roldará os 1,15 ou 1,2 euros. A primeira produción de Unicla oscila entre 60.000 e 70.000 litros. Os leites funcionais abarcan na actualidade o 4,4% do volume do mercado lácteo e o 6,3% do seu valor en España.

O grupo lácteo, a gran materia pendente
O director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, sinalou este mércores que non se rexistrou ningún avance ao redor da creación do grupo lácteo galego, que na súa opinión daría máis oportunidades ao sector, porque "a dimensión é un factor básico para competir nos sectores primarios", apuntou.

Así, en referencia á presentación do novo leite Unicla de Feiraco, José Luís Antuña destacou que o produto tería máis oportunidades no mercado se o lanzamento levase a cabo co respaldo dun grupo de grandes dimensións.

A creación dun grupo lácteo galego é un proxecto, errado ata o momento, que periodicamente volve porse sobre a mesa. Actualmente, está en marcha un proxecto impulsado por 23 cooperativas lácteas galegas (entre elas Feiraco, Irmandiños, Colaga e Icos) que buscan canalizar a súa oferta e reforzar o seu peso na negociación coas industrias e distribución.

4'8 (5 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos